SERIGRAFIA TEXTIL ACABADOS ESPECIAIS MODA
ARTICULOS PROMOCIONALES, AGASALLOS DE EMPRESA E CAMISETAS PERSONALIZADAS
Serigrafía textil especializada en servicios de impresion a diseñadores moda e confeccionistas
Se procura diferenciar os seus produtos a través dunha estampación de calidade e con acabados novedosos, podemos ofrecerlle serigrafías que o sorprenderán. Somos un equipo creativo e profesional, tecnicamente desenvolvido e cualificado. Contamos cunha ampla experiencia e dispomos dos mellores medios para lle ofrecer excelentes estampados, unha resposta áxil e a mellor relación calidade-prezo do mercado.
Contamos con 23 anos de experiencia a estampar téxtiles e desenvolvendo técnicas e acabados para moda e confección tanto en tiradas grandes como curtas. Gústanos o noso traballo e o noso obxectivo é facelo ben, é importante que o cliente reciba o que espera de nós. A serigrafía e as súas posibilidades aplicada tanto ao mundo da confección e a moda como ao do obsequio publicitario, constitúen os campos nos que envorcamos a nosa creatividade e centramos os nosos obxectivos de innovación.
Articulos promocionales, regalos empresa y camisetas personalizadas con excelente calidad de marcaje
A confluencia de catro mundos: o da serigrafía, o do regalo en xeral , o do deseño e o da publicidade dan como resultado un produto moi interesante, co valor engadido da calidade da estampación, aportando unha boa imaxe á empresa peticionaria e resultándolle a longo prazo un bo investimento, pois a súa imaxe vaise conservar en bo estado durante moito tempo. Serigrafías realizadas pensando no soporte, a súa funcionalidade, o material, a mellor imaxe do cliente; en todas as variables que o noso departamento técnico ten en conta ao pór en marcha o encargo. Desde este departamento tamén se deseñan os mecanismos de control de calidade do proceso serigráfico: separación de cor, filmación, confección de pantallas, montaxe en máquina, estampación, curado e expedición. Todo iso cun servizo postventa óptimo.
Alén do obsequio publicitario de importación facemos outro tipo de regalo á medida do cliente cando este desexa resultar orixinal e desligarse un pouco dos obxectos de importación estandarizados. Tamén ofrecemos empaquetado para regalo e lazos estampados que proporcionan aos seus regalos unha presentación personalizada e sorprendente.
Desexamos que pase un agradable momento visitando a nosa páxina web e agardamos que os contidos da mesma sexan do seu interese.